Miguel Losada Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1860 Laxas, España |
Morte | 28 de setembro de 1913 (52/53 anos) A Estrada, España |
Educación | Universidade de Valladolid Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | notario, xornalista, escritor |
Familia | |
Fillos | Antón Losada Diéguez |
Miguel Losada Losada, nado en San Xoán de Laxas (Boborás) en 1860 e finado na Estrada o 28 de setembro de 1913, foi un escritor galego e pai do recoñecido galeguista Antón Losada Diéguez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]Descendente do marqués de Bóveda de Limia, aínda que el non levou o título pese ás tentativas para rehabilitalo. A súa ideoloxía carlista víñalle de familia, estaba emparentado con José Arias Teixeiro, ministro universal do pretendente Carlos V e o seu pai, Joaquín Losada Pimentel, fora auditor xeral do Estado Maior do Exército do Norte durante a Primeira Guerra Carlista e estivera exiliado en Francia ó seu remate.
Formación e actividades
[editar | editar a fonte]O mozo Miguel estudou no instituto de Ourense, comezou a carreira de dereito en Santiago de Compostela e rematouna en Valladolid en 1882, alí apareceu o seu único libro publicado, Vulgaridades, un feixe de poemas en castelán intranscendentes sen moita calidade literaria, aínda así seguiu a escribir poesía toda a vida e foi o autor de moitas cancións das que cantaban as comparsas de Entroido na Estrada, onde desde 1887 exercía de notario e no coñecido xornal local, El Estradense (f.1906), apareceron moitos artigos da súa autoría e participou en moitos mitins agraristas de cariz católico da contorna.
Vida familiar
[editar | editar a fonte]Casado en 1883 con Carme Diéguez Arias, tivo dous fillos, o seu primoxénito, Antón Losada Diéguez (1884), será un dos impulsores do primeiro galeguismo, o segundo, José, naceu en 1886. Carme morreu de tuberculose en 1888 e José de meninxite en 1891. Miguel Losada volveu casar en 1894, con Amparo de Silva Gómez, coa que tivo cinco fillos máis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernández González, F.: «Notas sobre a familia de Antón Losada Diéguez» Ágora do Orcellón 12, 2006, pp. 33–40.